xoves, 11 de novembro de 2021

Verán de San Martiño

 Hoxe, 11 de novembro, é un día de gran tradición e Galicia, especialmente en Ourense, onde se celebra un gran magosto. En Guláns adicamos algo de tempo á festa: En 1º e 2º de Primaria adornaron as súas portas con simpáticas castañas que parecen que van botar a correr, con esas patas tan longas.

En 5º e 6º de Primaria, no seu obradoiro de escritura creativa, describiron unha castañeira imaxinaria inventando os seus trazos físicos, os seus gustos, a súa personalidade... Todo un exercicio de imaxinación e, por suposto, de expresión escrita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario