domingo, 14 de novembro de 2021

Incrementamos o vocabulario. Proxecto Rei León.

 Continuamos co proxecto Rei León. En música e en Inglés, o alumnado de 5º e 6º, estamos traballando as seguintes cancións da película Rei león: "I just can't wait to be king", "Hakuna matata" e "The lion sleep tonight". Abordamos o vocabulario, con tarxetas onde veñen escritas as palabras en inglés e no reverso, en galego, no lugar da biblioteca Happy Place, adicado á relaxación.

O alumnado deberá buscar no dosel e identificar as tarxetas que conteñan as palabras das cancións traballadas. Despois de que cada un teña unha tarxeta , iran amosándose entre eles e elas a palabra en inglés e terán que preguntar cal é o seu significado en galego e viceversa.

Unha vez rematado, gardamos as tarxetas na caixa de palabras, que máis adiante lerán a ver cantas se lembran.






Ningún comentario:

Publicar un comentario