mércores, 3 de novembro de 2021

EMOCIÓNS NO CALENDARIO

 Este curso, o proxecto de centro está adicado ás emocións, incluído dentro do Programa Emociona-T, da Consellería de Educación. Este inicio de curso, aproveitando Samaín, en tódalas aulas traballamos o medo. 

En Infantil, por exemplo, recibiron a visita da pantasma ComeMedos, que se foi coa barriga chea dos maiores temores dos máis pequenos e pequenas do cole. En 2º de Primaria viron o vídeo Piper, unha curta preciosa de Pixar, que conta como ás veces, os medos pódennos privar de marabillosas experiencias. En 6º, recompilaron os seus medos, comentáronos e achegaron ideas para superalos.

Un gran traballo: só as persoas valentes confesan os seus medos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario