Nestes tempos que corren, familias e escolas compartimos a preocupación polo que fan e non fan os nenos e nenas na rede: os chats, os xogos en liña, eses primeiros teléfonos móbiles... Como no noso cole apostamos máis pola educación que pola prohibición, decidimos apuntarnos ao Primeiro Concurso de Ciberseguridade no Cole, organizado pola Consellería de Educación e por Telefónica. Despois dun tempo de sesións formativas, o alumnado de 6º de Primaria tivo a oportunidade de mostrar os coñecementos adquiridos. Quedaron no 7º posto de entre 40 participantes, que non está nada mal. O máis importante, aínda que outros equipos foron máis rápidos, é que as respostas do noso alumnado foron todas correctas. Parabéns!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario