xoves, 21 de outubro de 2021

Recuncho da fala

 O Equipo de Dinamización da lingua galega puxo hoxe en funcionamento "Os recunchos da fala". Están repartidos polas aulas, na biblioteca e por outras partes do cole e neles irán aparecendo palabras novas, ideas, sorpresas... Polo de agora o alumnado xa sabe como empregar os bocadillos dos cómic para falar, pensar, berrar ou borboriñar. Por certo, vós coñecedes a palabra borboriñar? Se non sabedes o seu significado podedes preguntar aos nosos alumnos e alumnas, que o aprenderon no novo RECUNCHO DA FALA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario