luns, 25 de outubro de 2021

Festa de outono 2021

Comezamos a preparar as festas do outono. Celebramos tanto Halloween, relacionado coa materia de inglés, como Samaín, tradición na cultura galega que provén dos nosos antepasados celtas, sen esquecernos de celebrar tamén un saboroso e divertido Magosto.
Agradecemos á familia de Hugo de 5º, que regalou cabazas para decorar a toda a clase. Quedaron moi bonitas!
En 4º de Infantil terminaron a súa primeira manualidade, unha preciosa representación do outono.
En Plástica Bilingüe xa é Halloween e para desenvolver tanto a sensibilidade e habilidade artística como para mellorar o nivel de inglés adica unhas sesións a esta temática dun xeito lúdico. Monster, monster shadows and witches came to second grade arts class for Halloween. Entre monstros, pantasmas e bruxas temos o cole que mete medo...

En 3º de Primaria lograron unha curiosa combinación: unir Samaín e relaxación na mesma actividade. Como o fixeron? Decorando uns preciosos e terroríficos mandalas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario