mércores, 13 de outubro de 2021

Agasallos con mensaxe

O curso pasado o alumnado do cole seleccionou as súas palabras favoritas relacionadas coa convivencia e co benestar. Esas palabras, grazas ao apoio e traballo das familias do centro, decoraron as nosas escaleiras.
Este curso centramos o proxecto do centro na educación emocional e aproveitamos as mensaxes de ánimo para reflexionar sobre as nosas relacións cos demais e con nós mesm@s.
Moitas grazas ás familias e ao ANPA San Xulián polo precioso agasallo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario