mércores, 23 de xuño de 2021

Fin de curso

 Finalizamos o curso coa despedida do alumnado de 6º curso. O luns tiveron a graduación e actuación na casa cultural da Avisoureira. Onte, no colexio, amenizado ademais por Cé Orquestra Pantasma (home orquestra). Ata pronto compañeiros e compañeiras! Moita sorte nesta nova etapa! Esperamos que a Primaria vos deixase unha chea de fermosas lembranzas. Tamén os/as maiores de Infantil pechan unha etapa e tiveron a graduación, mais ainda teñen moito que dar na Primaria. Tamén é a despedida da profe Reyes, despois de dez anos con nós. Dous días de emocións, nerviosismo e alegría por ter compartido grandes momentos nestes anos. Desexámosvos o mellor!


Non vos perdades a actuación de fin de curso de 6º!!!

E para este verán unhas lecturas refrescantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario