domingo, 18 de abril de 2021

XOGO DA MIÑOCA

Esta semana tivemos no noso centro, un obradoiro impartido polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra para coñecer un pouquiño mais sobre a compostaxe. Para iso, empregaron o Xogo da Miñoca, que trata dun xogo como o da oca tradicional pero seguindo a ruta da miñoca.

No taboleiro tiñamos varios elementos a ter en conta, dos cales aprendemos moito. Agora sabemos clasificar o lixo segundo o contedor que corresponda, xa que neste xogo había probas de clasificación de produtos que non tiñamos moi claros. A que non sabiades que os vasos ou copas non se tiran no contedor do cristal?

Tamén aprendemos que elementos debemos empregar para facer unha boa compostaxe, coma por exemplo engadir follas secas, restos de comida incluso algún cartón. E o que nunca debemos votarlle a composteira son plásticos, pinturas, excrementos ou medicamentos. A verdade era moi doado porque no taboleiro tiñamos imaxes que nos axudaban a recordar todas estas cousas.

Por último, non debemos esquecer o papel tan imporante que teñen as miñocas nisto da compostaxe. Elas se alimentan dos restos que botamos na composteira contribuíndo a súa fragmentación e descomposición. Encantaríame ver como traballan, e a vos? 





Ningún comentario:

Publicar un comentario