martes, 6 de abril de 2021

"Todo paso conta!", lema para o día de hoxe, 6 de abril, no que celebramos o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, unha oportunidade para recoñecer o papel que o deporte e a actividade física desempeñan nas comunidades e nas vidas das persoas. A data conmemora a inauguración, en 1896, dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.

Para iso, convertemos un patio gris nun patio vivo e dinámico, con cor, xogo e aprendizaxe. Inauguramos uns xogos tradicionais pintados no chan, coma o xadrez, o tres en raia, a escaleira, salto de lonxitude, labirinto... espazos nos que o movemento é o gran protagonista, para promover xogos e deportes tradicionais e inclusivos.

 Nestes tempos de distanciamento físico, o deporte mantéñenos física e socialmente activos. O deporte fortalece os lazos sociais e promove o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto. O espírito de equipo axúdanos a superar xuntos a incertidumbre e as dificultades actuais. Convidamos a toda a comunidade educativa a realizar exercicio diariamente para a mellora da saúde e a calidade de vida.

Moitísimas grazas ás familias do centro que colaboraron no deseño e pintado dos xogos!

1 comentario:

  1. Qué ben quedaron os xogos no patio! Qué bonito, colorido e alegre quedou o noso patio!

    ResponderEliminar