sábado, 24 de abril de 2021

 Esta semana, na biblioteca, Leo León preparounos un reto para o Día do Libro: unha gran tormenta batía no mar. Un barco e con el uns libros corrían o risco de afundirse. A biblioteca converteuse nun faro que daba luz aos libros. Para salvalos, cada curso tiña que atopar os personaxes dun conto e responder a unhas preguntas sobre o libro. Cada pista conseguida foi selada e ao rematar houbo premio para todo o alumnado.

Seguide o reto no seguinte vídeo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario