luns, 9 de marzo de 2020

Aimee, unha muller e unha historia marabillosa! Thank you!

Non temos palabras para describirmos o que nós sentimos despois de escuitar a historia da nosa querida Auxiliar de Conversa, Aimee.

Vietnamita de nacemento, tivo que emigrar e ser unha refuxiada por mor da guerra do seu país. Estivo durante anos pendente dun bunker que construíu seu pai na súa casa para protexerse das bombas e da barbarie.

Estudou, estudou e estudou e logrou o seu soño: enxeñeira, respectada por homes e mulleres, presidenta dunha fundación-ONG "Vietnam Fundation" que mellora as condicións de vida dos nenos e nenas do Vietnam.

Muller libre!

Todo iso e máis nos amosou hoxe nunha charla inesquecíbel.

Thank you for all, Aimee, you´re also the future!

Ningún comentario:

Publicar un comentario