martes, 4 de xuño de 2019
Proxecto "Os volcáns"
Así fixemos os nosos volcáns:
Primeiro, pedímoslle unas taboas de madeira ao pai de Lucas. Dividimos a clase en catro grupos e puxemonos mans á obra.
Logo, suxeitamos a botella dun litro de auga á taboa con cinta de carroceiro. A forma era unha pirámide. Logo reechemos os buratos con bolas de xornal.
Despois fixemos o engrudo con auga temperada, cola branca e fariña. Fixemos anaquiños de xornais, metímolos no engrupo e pegámolos na estructura do volcán. Puxemos tres capas e deixamos secar tres días cada capa.
Por último pintámolo con témpera e rematamos cunha capa de barniz.
Co volcán rematado, botamos dentro da botella vinagre, colorante alimenticio de cor vermella e amarela e por último botamos bicarbonato. De seguido o volcán entra en erupción.
Bruuuuummmmmmm!!!!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario