luns, 29 de xaneiro de 2018

Día Escolar da non Violencia e da Paz


Mañá 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Ao longo da mañá teremos no cole diferentes actividades para conmemorar todos xuntos este día.
- Curtas adicadas á Paz, na biblioteca do centro.
- Lectura das mensaxes escritas por todas as aulas para encher as botellas que viaxarán polo noso mar de Paz e que decorará a nosa biblioteca a partir de mañá en forma de mural.
- Lectura dunha receita moi especial cuns ingredientes moi especiais.
- E remataremos cunha preciosa canción que aprendemos ao longo dos últimos días: "conta conmigo".
Será una mañá moi especial.

 

 

 

1 comentario:

  1. Espero que achaca mira paz no.mundo e non halla guerras.
    A las e o menor !

    ResponderEliminar