sábado, 1 de xullo de 2017

Exposición 6º de primaria: "As árbores do Casal"


Descarga o tríptico da ruta en alta resolución desde a páxina web do colexio!

A exposición centrouse nas especies arbóreas e arbustos máis importantes da contorna. E para isto dividiron a todo o alumnado do cole en grupos e fixeron una ruta guiada  por tódolos arredores do centro, onde o alumnado puido observar todas esas especies arbóreas, escoitar as explicacións do alumnado de 6º e aprender a identificalas eles mesmos.
É a primeira vez en todos estes anos que a exposición dun proxecto faise fóra do espazo da biblioteca. Estamos orgullosos de que a información se descentralice, que saia da biblioteca, que se adapte e se traslade en función dos temas de estudo.  

As árbores d´O Casal from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Roteiro botánico pola contorna máis próxima do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
Actividade enmarcada no proxecto anual da biblioteca "Galicia".





1 comentario:

  1. Carla(1º ESO)08/07/17, 12:30

    Aos de 6º resultounos un traballo moi divertido (eu polo menos paseino xenial e divertinme aprendendo cousas cos nenos mais pequenos

    ResponderEliminar