sábado, 1 de abril de 2017

Excursión a Ponteareas!

Todo infantil e 1º de primaria fomos de excursión a Ponteareas, onde fixemos dúas actividades.

Saímos ás 9:30 horas. Ás 10 horas, visitamos a biblioteca pública municipal. Percorremos as súas instalacións, as diferentes salas de lectura, coñecemos como se clasifican os libros e nos contaron dous contos: "Os tres chivos Chivóns" e "Soños de algodón".
Ademais,  demos un paseo polo museo: petróglifos, restos prehistóricos, da Idade Media e da Moderna. Encantounos un camión de bombeiros de hai un século e unha maqueta do castelo de Vilasobroso. Depois de merendar estivemos un anaco nun parque que hai ó carón da biblioteca.

Ás 12 horas, no Multiusos Reveriano Soutullo, asistimos á respresentación teatral "Feo!" da compañía Caramuxo Teatro. Inspirada en "O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, a historia transcorre nuha fábrica de parrulos de goma “Il Papero Giallo”. Saen cada día centos de parrulos, ata que un día aparece un parrulo diferente...  
"Feo!" é un canto á pluralidade e unha obra que fala da riqueza da diversidade e do que esta enriquece.

Grazas á federación de ANPAS de Ponteareas e por convidarnos!
E grazas especialmente á nosa!

                                      Fotos da excursión


2 comentarios:

  1. Espero que lles gustara a obra e que a disfrutaran!!!

    ResponderEliminar
  2. Seguro que os nenos de infantil, e primaria disfrutaron moito dos contacontos e do Parrulo Feo, pero espero que lles gustara ¡¡¡¡

    ResponderEliminar