domingo, 13 de novembro de 2016

A fantástica Daniela na hora de ler cóntanos "O paseo dun despistado", de Gianni Rodari

Pouco hai que engadir ao vídeo: a marabillosa Daniela conta, coma unha gran profesional, un divertido conto dun libro da nosa biblioteca que están a traballar na aula de 6º de primaria na hora de ler.

Noraboa Daniela!

A vindeira semana, outra historia de "Contos por teléfono". Sabes por que se chaman así? Porque son tan curtiños que se poden contar nun pis-pas.

Saúdos telefónicos, Leo.

02 Hora de ler: Contos por teléfono. "O paseo dun despistado". Daniela Soto Trielas. from Colexio Feliciano Barrera on Vimeo.

4 comentarios:

  1. Parabén Daniela,toda unha profesional contando contos.Cando queiras podes vir contarnos un conto a infantil.

    ResponderEliminar
  2. Daniela leu moi ben na clase e expresouse moi ben, parabéns Daniela.
    Gustoume moito o conto que elixiches para presentalo, a min gustoume moito.

    ResponderEliminar
  3. Gracias a todos alegrome de que vos guste, encantoume ler o conto de Gianni Rodari ,pasenmo super ben.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar