mércores, 2 de xuño de 2021

 Robótica neste curso: En segundo de primaria dan os seus primeiros pasos no uso de robots como medio para adquirir ou afianzar outras aprendizaxes. Repasaron as decenas e os nomes de diferentes instrumentos musicais coa axuda de Doc, o amigo robot. En sexto de primaria avanzan na programación.


Proxecto DigiCraft.

En quinto de primaria, nas primeiras sesións do Proxecto DigiCraft, descubriron que é un bot e utilizaron un para descubrir un personaxe secreto: Hedy Lamarr, actriz austríaca inventora da Wifi. Tamén comezaron a crear o seu propio espazo virtual coa app de DigiCraft. Na seguinte sesión, continuaron desenvolvendo actividades do programa DigiCraft, construíndo e deseñando os seus propios robots.










En sexto de primaria estrearon os robots que construíron xogando a “Os Robots Perdidos” no recuncho especial da biblioteca. Pola súa banda, en quinto de primaria, tiveron sesión dobre. Na primeira compartiron os seus mundos virtuais e buscaron diamantes, con moi bos resultados! Na segunda sesión, experimentaron co funcionamento da intelixencia artificial cunha nova aplicación.

Na súa última sesión, os alumnos e alumnas de quinto de primaria empregaron as tarxetas make make para dar vida ás súas maquetas de instrumentos musicais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario