sábado, 5 de xuño de 2021

En 4º de primaria, nas clases de inglés, estudaron a historia, a gastronomía e os costumes dunha chea de lugares do mundo: Nova York, Malta, Irlanda, a Illa de Wight... Debuxaron, pintaron e escribiron unha chea de información, exclusivamente en inglés.

En 1º e 2º de primaria prepararon unha exposición na sesión de plástica bilingüe, sobre a biografía e a obra de Vincent van Gogh e Joan Miró. Crearon, empregando diferentes técnicas, a súa propia visión de obras como “A noite estrelada”, “A habitación” e “Árbore na primavera”. De Joan Miró seleccionaron “As constelacións”, “A tartaruga” e “O Entroido de Arlequín”. En 4º de primaria, exploraron o mundo da escultura a través da obra de Joan Miró e con materiais reciclados, reproduciron a obra “Muller e Paxaro”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario