xoves, 10 de xuño de 2021

 En Educación Infantil realizáronse diferentes proxectos neste curso:

En quinto e sexto, na súa volta ao mundo, foron rumbo a China e coñeceron a súa cultura tan rica e antiga. Practicaron cos paus chinos e escribiron o seu nome con carácteres chineses.


Outro dos proxectos, foi a Horta: Plantaron cenoiras, leitugas, fabas, chícharos, amorodos... e aprenderon cada paso do proceso e os coidados que necesitan as plantas.


E para vixiar a horta fixeron uns preciosos espantallos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario