venres, 29 de xaneiro de 2021

No Día da Paz, o alumnado de Educación Infantil traballa a empatía, na sesión de Alternativa, co corto "A caixa": Que medo! 

Tes un medo que che pon o cabelo de punta e déixache sen respiración? Deses que morden, queiman, asustan e aterrorizan...Sabes que podes darlle forma? Facer que che de medo ou moita risa? Sorprenderache saber que podes convertilo ata nunha salchicha...Que medo! é un conto para ter medo e de seguido, rirse do mesmo. É un conto para virar a tortilla e atopar a graza a moitas das cousas que asustan aos máis pequenos e pequenas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario