martes, 2 de xuño de 2020

Festival


Este ano, a pesar de todo, teremos festival de fin de curso. Será un festival virtual, pero será divertido de todos os xeitos. Convidámosvos a  tod@ s (si, familias tamén) a compartir connosco o voso enorme talento. Non importa se queredes cantar, bailar, facer maxia ou un reto deportivo...Tampouco importa  se queredes facer unha actuación individual ou con amigos e amigas... Prometemos elaborar un vídeo cos vosos mellores momentos e telo listo para o 19 de xuño. 
Podedes enviar os vosos vídeos polas canles habituais cos vosos mestres e mestras. Iso si, facédeo antes do día 15 de xuño para que podamos editalos.
 Esperamos as vosas actuacións con moitísima ilusión. Animádevos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario