domingo, 17 de febreiro de 2019

Máis do día da Paz

Durante unha semana a biblioteca tivo un taller titulado "Mans e pombas para a Paz". O día da Paz fixemos unha árbore enorme coas mans de todos os nenos do cole simbolizando a unión entre todos nós. Tamén colgamos por toda a biblioteca pombas da Paz con mensaxes e palabras relacionadas coa Paz. Ao longo da semana anterior tamén buscamos cualificativos para catro nenos/as do colexio que nos tocaron en sorteo. O dia da Paz buscámoslles e pegámoslles eses cualificativos. Foi unha actividade moi bonita. E por último, formamos equipos mesturando todos os grupos desde infantil ata sexto e organizamos uns xogos moi moi divertidos. Foi un día moi especial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario