venres, 15 de novembro de 2019

Excursión de 5º e 6º ao Castelo e o Castro

Este martes os nenos e nenas de 5º e 6º vistaron o Castro de Troña e o Castelo de Sobroso convidados polo concello de Ponteareas. A nosa auxiliar de conversa, Aimee, realizou este precioso video resumo da visita.

Moitas grazas ao concello e a Aimee!!!

xoves, 7 de novembro de 2019

FESTA DO OUTONO

LEMOS CONTOS DE MEDO, COMEMOS CASTAÑAS ASADAS, MAQUILLÁMONOS, VIMOS CURTAS DE MEDO, FIXEMOS MANDALAS CON PRODUTOS DE OUTONO, ENFARRUSCÁMONOS, FIXEMOS CABAZAS, FIXEMOS XOGOS, OS NOSOS AVÓS E AVOAS CONTÁRONNOS CONTOS, ...
CON CHUVIA E TODO, FOI UNHA FESTA DE OUTONO XENIAL!!!

sábado, 2 de novembro de 2019

Como sería a túa biblioteca ideal?


Gravacións feitas polos nenos/as e as súas familias contestando á pregunta: "Como sería a túa biblioteca ideal?".
Grazas familias pola vosa colaboración

martes, 29 de outubro de 2019

Máis visitas....


Hoxe tocou en Infantil taller de maquillaxe, pintauñas, peiteados.... coa mellor das colaboracións, as familias .
Moitas grazas 

luns, 28 de outubro de 2019

Visitas especiais...

Hoxe nas aulas de Educación Infantil gozamos dun conto dramatizado (Corre corre, cabaciña) da mellor maneira,  cunha actividade que nos permite cambiar de cara e fantasear por uns intres, e disfrutamos de moi boa compañía. 
Grazas familias 




domingo, 27 de outubro de 2019

A caixa come-medos

Durante toda esta semana Leo León quere axudaron cos vosos medos máis grandes. Para iso deberedes facer un debuxo dese medo e escribir unha pequena explicación. A nosa caixa de correos converterase na caixa come-medos, metede o voso debuxo dentro e Leo León tentará atrapar ese medo para axudarvos a superalo


Día das bibliotecas escolares

Este curso celebramos o día das bibliotecas escolares cun vídeo titulado: ¿Como sería a túa biblioteca ideal? Nel participaron moitos nenos e nenas que gravaron nas súas casas estes vídeos e que utilizaron moita imaginación. Ademais os axudantes entregaron as mochilas viaxeiras a todos os cursos.  Como sempre, foi un momento moi especial.

Formación de usuarios na biblioteca de Leo León

Durante toda a semana na hora de ler os novos axudantes da biblioteca formaron aos nenos do cole, é dicir, aos usuarios da biblioteca no bo uso de esta. Lembráronlles as normas de comportamento da biblioteca, como teñen que facer para atopar libros e contos adecuados á súa idade, buscar libros por temáticas, coller xogos e devolvelos en perfecto estado, usar os computadores e sobre todo para os máis pequenos como facer o préstamo de libros para levar a casa. Os novos axudantes fixeron unha gran labor durante toda a semana.

sábado, 26 de outubro de 2019

Os axudantes dea biblioteca de Leo León

Estas nenas e nenos serán os axudantes da biblioteca durante este curso. Teñen moitas ganas de comezar. Traballaron duro durante todo o mes de outubro para aprender a levar a biblioteca e para axudar a todos os nenos que o necesiten dentro dela.Seguro que farán que este curso sexa moi especial dentro da nosa biblioteca

xoves, 24 de outubro de 2019

Presentación de Aimee

Bo día!!!
Hoxe Aimee, a nosa auxiliar de conversación para o curso 2019-2020, fixo este vídeo para presentarse e que a poidamos coñecer un pouco máis.

Moitas grazas Aimee.
Thank you so much.

martes, 22 de outubro de 2019

Xornada de hóckey con José "Portu"

Hoxe tivemos unha visita moi especial. José "Portu" presentounos o deporte do hóckey aos nenos e nenas de infantil e primaria.



mércores, 9 de outubro de 2019

Argallando

Os nenos e nenas de 3º andamos argallando ...
Arredor do que queremos aprender ao longo deste curso ...










... e do equilibrio preciso para que poidamos aprender todo o necesario.
Arredor do espazo, os planetas, as estrelas, o Sistema Solar, ...

... e do complexo equilibrio do Universo.










Arredor das plantas ...

... e do seu necesario e fermoso equilibrio.






















Seguiremos ARGALLANDO e buscando o EQUILIBRIO a cada pasiño que deamos.


xoves, 19 de setembro de 2019

Que teñamos un bo curso!!!

Estreamos curso e comezamos
con ganas e con ilusión.
Ao longo deste ano imos aprender moito, vivir novas experiencias, facer novas amizades, ... e moitas outras cousas que nos agardan nas aulas, na biblioteca, nos patios, nas excursións e nas festas do noso cole.
Benvidos e benvidas!!
QUE TEÑAMOS UN BO CURSO!!

martes, 4 de xuño de 2019

Proxecto "Os volcáns"

Así fixemos os nosos volcáns: Primeiro, pedímoslle unas taboas de madeira ao pai de Lucas. Dividimos a clase en catro grupos e  puxemonos mans á obra. Logo, suxeitamos a botella dun litro de auga á taboa con cinta de carroceiro. A forma era unha pirámide. Logo reechemos os buratos con bolas de xornal. Despois fixemos o engrudo con auga temperada, cola branca e fariña. Fixemos anaquiños de xornais, metímolos no engrupo e pegámolos na estructura do volcán. Puxemos tres capas e deixamos secar tres días cada capa. Por último pintámolo con témpera e rematamos cunha capa de barniz. Co volcán rematado, botamos dentro da botella vinagre, colorante alimenticio de cor vermella e amarela e por último botamos bicarbonato. De seguido o volcán entra en erupción. Bruuuuummmmmmm!!!!!!!!!!!

mércores, 29 de maio de 2019

Visita de Paula Carballeira

Onte visitounos a escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira. Foi unha honra poder contar con ela na nosa biblioteca. Con anterioridade os nenos mercaron o seu libro"Bruxa e familia", lérono, uns nas súas casas e outros na hora de lectura xunto aos seus compañeiros e deleitáronse escoitando as súas historias fantásticas. Ademais os nenos levaron o seu libro dedicado.

martes, 21 de maio de 2019

Día das letras galegas "Antonio Fraguas Fraguas"

Este ano o equipo de Normalización lingüística, organizou una actividade que consistía en vestir a dous maniquís, co traxe galego, utilizando todas as súas partes. Nela participamos todo o colexio. Y para seguir a festa, gozamos cun home orquestra "Cé orquestra pantasma", que fixo as delicias dos nenos/as, tocando unha chea de instrumentos e facendo cantar e bailar a todo o público infantil e non tan infantil.

LETRAS GALEGAS 19 from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

mércores, 15 de maio de 2019

Saudamos á primavera cun taller de Hervé Tullet

Este ano a biblioteca Mercou un libro moi interesante para o profesorado,titulado: "Diviértete: talleres de arte con Hervé Tullet”. Na aula de 3º de primaria, a titora levou a cabo un destes talleres e o resultado foi espectacular, así como a reacción dos nenos durante a hora e 30 minutos que durou o taller.

martes, 7 de maio de 2019

O xogo na arte

Os nenos de 3º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos na arte, que forma parte do proxecto  proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se  leva a cabo nas diferentes aulas. O proxecto resultou moi interesante e grazas a este proxecto os nenos do cole puideron coñecer máis de preto ao pintor Holandés Pieter Brueghel e ao seu cadro titulado "Xogo de nenos". Os nenos traballaron moito e moi ben. Noraboa

Vídeo da presentación

venres, 3 de maio de 2019

Concurso de carteis

Este ano fixemos un concurso de carteis feitos en familia para animar aos compañeiros a ler.
Todos os participantes tiveron un agasallo.

xoves, 2 de maio de 2019

mércores, 1 de maio de 2019

Video da semana do libro

As aulas do cole homenaxearon aos libros e contos na semana do libro,a través dun fermoso video gravado por todos os nenos do cole

martes, 30 de abril de 2019

Compartir poesía é comezar ben o día!!

Durante a semana do libro comezamos todos os días recitando poesías. A actividade foi voluntaria.Houbo moitos nenos/as que quixeron recitar poemas. Foi moi bonito comezar a mañá desta maneira.

venres, 26 de abril de 2019

Contacontos na semana do libro

O contacontos está baseado no audioconto Cantamos? do que Celtia é autora dos textos e forma parte das voces dos audiocontos. Trátase dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é una gran fan da música e dos contos, fai de fio condutor para contar diferentes historias: os tres porquiños, o gato con botas...

venres, 29 de marzo de 2019

domingo, 24 de marzo de 2019

En abril ... libros mil

Anímate e participa no concurso de carteis para a semana do libro. Esta será do 23 ao 30 de abril.
Os carteis estarán expostos na biblioteca e outros lugares do cole. É importante que respectedes a data de entrega do cartel. Xa sabedes, buscade unha frase orixinal para animar aos nenos do cole para ler. Data límite de entrega o 8 de abril.


luns, 18 de marzo de 2019

Semana da poesía

 

Xogos de mesa

Os nenos de 6º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos de mesa, que forma parte do proxecto  proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se  leva a cabo nas diferentes aulas. Despois do proxecto os nenos xugaron durante os seguintes 7 días cos demais nenos do cole ensinándolles a xogar aos diferentes xogos.
 
 

Resumo fotográfico da semana da muller e da prensa

Día da muller e semana da prensa


 
Para conmemorar o día da muller e a semana da prensa, leváronse a cabo una serie de actividades ao longo da semana. Nelas os nenos fixeron de reporteiros e entrevistaron ás nosas convidadas ao final das súas exposicións. Foi una semana moi interesante para todas e todos.
Este foi o programa.

sábado, 16 de marzo de 2019

Entroido na biblioteca

Ao longo de dúas semanas estivemos decorando antifaces na biblioteca. Utilizamos pinturas, rotuladores, pompóns, plumas, corazóns e moita moita brillantina. Gozamos moito nos recreos

martes, 12 de marzo de 2019

Día da árbore

Hoxe en San Cribrán aprendemos o valor das árbores nas nosas vidas e  plantamos pradairos, nogueiras, carballos e bidueiros.
Ademais, a cada árbore puxémoslle o nome dunha muller científica.
Por un monte vivo!


Día da árbore from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

venres, 8 de marzo de 2019

"Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso"

O alumnado de 5º de primaria da Escola Pública Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas), comprometido contra a violencia machista, transmite unha mensaxe de esperanza e apoio a todas as mulleres que algún día perderon o seu sorriso, a través da representación da adaptación do libro "Pepuka y el monstruo que le robó su sonrisa" de Estela Moreno, autora á que tiveron a sorte de coñecer e disfrutar no centro.

Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Entroido 2019

Dentro do proxecto anual de centro e da biblioteca "Os xogos", aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da celebración do Entroido na nosa escola.
Vídeo do Entroido! from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

xoves, 28 de febreiro de 2019

Mandadiño xoves


E hoxe o noso cole encheuse de leóns,
Leo león quedou abraiado!
Moitísimas grazas fermosos leóns!











 











 
















E mañá...comeza O ENTROIDO!!

Vinde con ganas de pasalo xenial!!