luns, 22 de outubro de 2018

A inauguración da biblioteca

Durante unha semana, os axudantes de biblioteca fixeron de anfitrións para a inauguración desta. Primeiro acudiron o luns os nenos de infantil, aos que lles presentaron á nosa mascota Leo León, ensináronlles todo o que deben coñecer da biblioteca e contáronlles un conto. O martes os axudantes convidaron os nenos de 1º e 2º de primaria e ademais de explicarlles moitas cousas fixéronlles un pequeno circuíto polos diferentes andeis e temáticas, polos computadores, polo andel dos xogos e pola mesa e computador de préstamos. O mércores os axudantes recibiron aos nenos de 3º e 4º e o xoves aos de 5º e 6º. O venres reunímonos todos xuntos e cun vídeo e unha canción formalizamos a inauguración da biblioteca esperando que sexa un curso cargado de contos e historias fantásticas para todos.

Vídeo resumo da inauguración de biblioteca from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario