luns, 27 de novembro de 2017

Conmemoración do día internacional da violencia de xénero

Os nenos de primeiro prepararon o conto titulado "Maruxa", para conmemorar o día da violencia de xénero. Durante toda a semana contáronnos na hora de lectura o conto a todas as aulas. Fixéronno moi ben. Esperamos que vos animedes  moitas veces máis.

Mi película from Cristina Iturrioz on Vimeo.

mércores, 22 de novembro de 2017

Revista o Papagaio

Desde esta semana, contamos na biblioteca coa revista editada en galego "o Papagaio". Animarvos a lela, é moi divertida.
 

mércores, 8 de novembro de 2017

"Un avó especial"

Hoxe os alumnos de 2º, 3º e 4º fomos ao Auditorio de  Ponteareas e disfrutamos da obra "Un avó especial" do grupo Migallas. Esta obra mostraba a relación tan especial que hai entre una neta e o seu avó. O mesmo que acontece en moitos fogares. Na vida real os avós convértense nunha figura moi importante no desenvolvemento emocional e psicolóxico dos nenos.
Os nenos disfrutaron moito e algúns emocionáronse nalgúns momentos da obra.
Esta obra está baseada nun conto do mesmo título que os autores nos regalaron ao rematar a función.



venres, 3 de novembro de 2017

Go away big green monster

Co motivo da celebración do samaín, os alumn@s de primeiro de primaria fixemos un conto titulado `GO AWAY, BIG GREEN MONSTER`. Na clase de plástica fixemos o diseño e na clase de inglés aprendimos as frases. 
Quedounos así de bonito! 
Podedes velo aquí e tamén na biblioteca do noso centro.



Go away big green monster (Photoshop) from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Agradecementos a Ed Emberley autor do libro Go away, big green monters.

Indo para o Samaín

Estes días fixemos entre todos os nenos do cole, aula por aula o conto de Samaín titulado "Indo para o Samaín". Unha vez debuxado e escrito algún nenos de cada aula puxémoslle voz. Foi una experiencia moi bonita e o resultado merece moito a pena.

xoves, 2 de novembro de 2017

2º Premio para Leilía no concurso de relato curto de medo

A nosa alumna Leilía de 6º de primaria obtivo o segundo premio neste concurso celebrado en Ponteareas cun relato terrorífico titulado: "O conto maldito". Parabéns Leilía

PREMIO LEILÍA from Radio Televisión Leo León on Vimeo.