mércores, 29 de marzo de 2017

Obradoiro "Mel de Galicia"

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º, e 4º tivemos un obradoiro para coñecer o proceso do mel desde que as abellas fan o seu traballo ata que chegua a nós.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".

Sen dúbida foi unha mañá mooooi doce!










Ningún comentario:

Publicar un comentario