luns, 10 de marzo de 2014

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Ola! sabedes unha cousa? 
Este ano festexamos por primeira vez o día do amor e da amizade. Escribimos cartas ás persoas que decidimos e dixémoslles o moito que nos importan e as queremos. As cartas botámolas dentro do "buzón do amor" que decoramos e deixamos  na biblioteca.
Tamén fixemos un mural moi grande cun corazón e escribimos o  nome de todos os nenos e nenas do cole. Ah! e tamén os nomes dos profes!
 Lemos contos da biblioteca que trataban do amor, da amizade...
Os alumnos e alumnas de 3º foron polas clases a ler un poema de Shakespeare. Fixérono xenial!
 E a sorpresa final foi  moi grande para todos e todas  xa que recibimos unha carta de Leo León recordándonos o moito que nos quere! 


video



1 comentario:

  1. Ola gustáronme moito as fotos do día da PAZ sobre todo a dos nenos de primeiro co cartel da amizade.

    ResponderEliminar